5 oct 2010

TIC+ BLOG = RECURSOS

Como vedes nesta primeira entrada, dende o Equipo de Dinamización Tics do Ceip Coutada- Beade, queremos engadir neste blog todo aquilo que poda resultar de axuda para o claustro.

É dicir, introduciremos unha serie de recursos que nos serán útilies para a nosa labor docente.

Cómo?
Ao longo do curso iremos incluindo diferentes entradas organizadas do seguinte xeito.

a) Recursos de área: estableceremos unha serie de recursos interactivos (actividades, páxinas web,...) para cada unha das áreas.
b) Recursos docentes: neste tipo de entradas poderedes atopar recursos que vos axudarán coa vosa docencia: software de edición de textos, esquemas, vídeos,...
c) Manuais: o software que vos facilitemos terá (na medida do posible) un manual de uso, onde se explica paso a paso a súa utilidade e que poderedes imprimir.
d) Información sobre as TIC relacionadas co currículo: experiencias realizadas en outros centros, información da Consellería,...
e) Concursos e premios: información sobre diferentes convocatorias que vaian saindo ao longo do curso e nas que poderemos participar como mestres ou experiencias que realicemos cos alumnos.
f) Para saber máis: unha vez tomamos contacto coas TIC sempre nos quedan ganas de saber máis ( ou non). Neste tipo de entradas publicaremos diferentes cursos de formación (presenciais en Vigo ou en modalidade Online).
g) Colaboracións: o blog non só o realizamos para axudarvos senón que tamén queremos incorporar as vosas colaboracións: ben en forma de comentarios ben mediante as actividades ou ideas que podedes aportar e compartir.

No hay comentarios: