27 ene 2011

EDUBLOGS

Para os que estamos a darlle voltas cos blogs, deixo aquí unha publicación con 30 consellos ou ideas. Foi creada por Lourdes Domenech, Fede Luque, Bea Marín, Irene Martínez, Joan Sedeño e Isidro Vidal.




17 ene 2011

CREAR UN COLLAGE CON FOTOS

Podemos empregar esta FERRAMENTA DE IMAXE.   Trátase dunha ferramenta gratuíta que podemos descatgar de Internet.

1º: teño varias fotos no meu pc
2º: Abro a aplicación (instalada no pc previamente) e comezo por: subir fotos (premendo no signo +)
3º: Agora toca ver previamente ou directamente crear. Podemos ver como queda o collage.
4º: Último paso: o collage podo gardalo no meu Pc, por iso cando premo en "crear" terei que porlle un nome "guardar como....". O resultado será unha imaxe-collage como esta.




Collage de peixes.




Quero descargar Shape Collage

COMO CLASIFICAR RECURSOS OU FERRAMENTAS 2.0?

QUE ME PERMITEN? ou ben QUE NECESITO? Son as preguntas polas que debemos comezar.

  • Necesito insertar imaxes: son moitas? Logo, podo facer unha presentación.
1) FERRAMENTAS DE IMAXE E PRESENTACIÓN: poden ser Online ou descargables (Software gratuito que temos que instalar no noso ordenador)
  • Necesito insertar un texto. Cómo o quero amosar? Contínuo, en fomato de libro interactivo, de animación ou presentación, crear un mapa conceptual,...
2) FERRAMENTAS DE PUBLICACIÓN DE TEXTO: poden ser Online ou descargables (Software gratuito que temos que instalar no noso ordenador)

3) FERRAMENTAS DE AUDIO E DE VÍDEO: vanme permitir subir unha pista ou vídeo ao meu sitio web



PARA SABER MÁIS

Cada vez que vexas esta icona nunha entrada poderás aprender algo novo que sexa util para o teu traballo, para os teus alumnos, para o teu tempo de lecer, para practicar, para curiosear,....