28 oct 2010

PARECE QUE ISTO DAS TIC´S VAI A DAR UN BÓ RESULTADO!

Xa temos case tódalas enquisas que vos enviamos. A maioría dos compañeiros teñen interese polos blogs, actividades interactivas, software libre,...

Como pequeno adianto, deixo a seguinte información sobre os blogs. Espero que vos guste e resulte útil.

19 oct 2010

NORMAS DE USO DA SALA DE INFORMÁTICA.

A pesar de que todos/-as as coñecemos, quedan aquí expostas as normas básicas para o uso da sala de informática.


7 oct 2010

CONSELLOS TIC

Para comezar, recomendamos o seguinte:

Moitas das aplicacións que vos amosaremos necesitan que creedes nela unha conta persoal (é a forma en que se almacenan todas as vosas creacións). Así que, para evitar problemas como a saturación da conta que tedes co dominio @edu.xunta.es, é mellor que creedes outra distinta.

Por exemplo en


Para comezar a creala aquí tedes o acceso directo: fai clic  AQUI


5 oct 2010

TIC+ BLOG = RECURSOS

Como vedes nesta primeira entrada, dende o Equipo de Dinamización Tics do Ceip Coutada- Beade, queremos engadir neste blog todo aquilo que poda resultar de axuda para o claustro.

É dicir, introduciremos unha serie de recursos que nos serán útilies para a nosa labor docente.

Cómo?
Ao longo do curso iremos incluindo diferentes entradas organizadas do seguinte xeito.

a) Recursos de área: estableceremos unha serie de recursos interactivos (actividades, páxinas web,...) para cada unha das áreas.
b) Recursos docentes: neste tipo de entradas poderedes atopar recursos que vos axudarán coa vosa docencia: software de edición de textos, esquemas, vídeos,...
c) Manuais: o software que vos facilitemos terá (na medida do posible) un manual de uso, onde se explica paso a paso a súa utilidade e que poderedes imprimir.
d) Información sobre as TIC relacionadas co currículo: experiencias realizadas en outros centros, información da Consellería,...
e) Concursos e premios: información sobre diferentes convocatorias que vaian saindo ao longo do curso e nas que poderemos participar como mestres ou experiencias que realicemos cos alumnos.
f) Para saber máis: unha vez tomamos contacto coas TIC sempre nos quedan ganas de saber máis ( ou non). Neste tipo de entradas publicaremos diferentes cursos de formación (presenciais en Vigo ou en modalidade Online).
g) Colaboracións: o blog non só o realizamos para axudarvos senón que tamén queremos incorporar as vosas colaboracións: ben en forma de comentarios ben mediante as actividades ou ideas que podedes aportar e compartir.